MÁS DE UNO MONFORTE 02/04/2020
Repasamos como vai a situación da pandemia pola zona e abrimos programa conversando co xerente do CCU sobre as iniciativas que puxeron en marcha nas redes sociais Asociacións de Comerciantes de toda Galicia. E como pilla esta crise ás duas fábricas de calzado que temos en Monforte? preguntámosllo ao xerente de Calzados Losal e ao de Curgal. Conversamos co alcalde de Pantón, repasamos actividades que teñen en marcha en O Saviñao e escoitamos a mensaxe institucional do alcalde de Monforte aos veciños do concello.