MÁS DE UNO MONFORTE 01/04/2020
No programa de hoxe conversamos coa primeira paciente do Hospital Comarcal de Monforte que recibe a alta tras superar o coronavirus. Entrevistamos tamén ao médico que coordina a planta habilitada neste centro hospitalario para os afectados polo Covid19. Conversamos co alcalde do Concello de A Pobra do Brollón que reclama que aos concellos se lles facilite información sobre os afectados. Co director do IES A Pinguela repasamos como van as clases e a fabricación de viseiras que levan a cabo dende o ciclo de informática e un día máis recollemos denuncias de Cig-Saúde que reclama máis persoal, material e mellores protocolos de actuación para os propios traballadores.