A Deputación Provincial de Lugo continúa cos traballos para a humanización e o desdobramento da Avenida Infanta Elena de Lugo entre a Glorieta de Garaballa e a de Benigno Rivera. A institución provincial inviste en total para estas actuacións 2.4 millóns de euros co obxectivo de mellorar os accesos á cidade lucense.

Este novo tramo, cunha lonxitude de 456 metros, contará cunha plataforma cun ancho de 32,5 metros, con dous ou tres carrís de circulación por cada sentido, carrís bici, beirarrúas, mobiliario urbano como bancos e papeleiras, e tamén arboredo. Ademais, os traballos inclúen a renovación do abastecemento, saneamento e alumeado para dotar de servizos a un futuro crecemento da cidade.

O presidente provincial, José Tomé, destacou a celeridade dos traballos durante a sua visita para supervisar o avance das actuacións realizadas.

