FIESTAS

A Centola toma o Círculo das Artes

A asociación EMGROBES achega a Festa da Centola do Grove a Lugo para incentivar o turismo de cercanía.

Rubén Dorado

Lugo |

A Centola toma o Círculo das Artes
A Centola toma o Círculo das Artes | EP

A asociación de empresarios EMGROBES continua coa promoción da Festa da Centola do Grove, incidindo nesta ocasión no turismo de cercanía. Así unha expedición grovense encabezada presidente e directivos de Emgrobes promocionou a Festa e as Xornadas de exaltación da Centola do Grove no Círculo das artes de Lugo. A asociación estivo acompañada dos representantes das diferentes entidades que apoian o evento, como o alcalde do Grove, o Director do Centro Superior de Hostalería de Turismo de Galicia, o delegado da Xunta de Galicia en Lugo e por suposto representantes do Concello de Lugo e do Círculo das Artes. A vicepresidenta de Emgrobes conduciu a presentación facendo fincapé na importancia desta festa para a economía local da vila, nestas datas na que o sector turístico se atopa en tempada baixa, e tamén pola importancia para o sector do Mar, sendo a lonxa do Grove unha das máis importantes de Galicia, en calidade e en facturación deste producto rei.

Ao acto acudiron más de 40 persoas entre medios de comunicación, restauradores importantes da cidade de Lugo, membros das asociación representativas do comercio e do turismo en Galicia e en Lugo e varios influencers e instagramer que axudaron a promover e a promocionar en directo tanto o acto como a posterior degustación de producto e por suposto a Propia Festa da Centola. Durante todas as intervencións destacouse a importancia e a calidade deste producto do Grove e animouse a acudir dende o 27 de novembro ao 8 de decembro para disfrutar da gastronomía, da paisaxe e de todas as actividades culturais e gastronómicas do programa que se levarán a cabo baixo a organización de Emgrobes durante as datas da semana da Ponte de decembro.