Comezamos a viaxe repasando a actualidade e facendo unha primeira parada express en Lugo e Sarria para ir ao autocine. Na entrevista viaxeira convidamos ao compositor e pianista Abe Rábade mentres escoitamos o seu novo EP. Conectamos coa consultora turística Lidia de la Fuente e facemos un pedido a domicilio no restaurante "A Curtidoria" de Compostela. Neste enlace directo á web podes volver escoitar o programa completo.