Aténdenos o concelleiro Gonzalo Castro. Tamén transmitimos a solicitude de entrevista con un representante do Deportivo, o seu conselleiro Delegado Massimo Benassi, tras atender, Massimo, aos compañeiros de Radio Marca. Pero non podemos contar hoxe coa versión do Deportivo, porque Benassi ten unha importante xuntanza.
En canto a Gonzalo Castro, destacou que A Coruña gañoulle a Vigo o concerto de El Último de la Fila. E amosou a sua sorpresa cando viu o comunicado do Deportivo, dado que despois de enviar un correo electrónico o día 30 de abril para informar do concerto, algo que o Deportivo da conta no seu comunicado, houbo xuntanza da comisión de seguimento polo uso de Riazor. Nesa xuntanza falouse do concerto do día 13 de xuño de 2026, pero ninguén da representación do Deportivo "trasladou incomodidade, molestia nin discrepancia" a este concerto.
Tamén abordamos con Gonzalo Castro a continuidade do Leyma Basquet Coruña no Coliseum a próxima temporada na categoría de prata do baloncesto. Gonzalo ve factible esa continuidade, ainda que tamén confirma que co parámetro dos 4.000 abonados.
Polo demáis, damos conta da fichaxe do Leyma Basquet Coruña. Trátase do americano Alonzo Verge Jr. (Aurora, Illinois, EEUU, 17 de octubre de 1998; 191cm) e ven a suplir a baixa de Brandon Taylor. Foi o máximo anotador e asistente esta temporada da 2ª División turca xogando no Balikesir (28'6 puntos e 10'9 asistencias de promedio).
En Ferrol, tamén noticias de baloncesto coa terceira renovación para a próxima temporada no Baxi, dado que Moira Joiner seguirá na disciplina do equipo ferrolán.
