Benassi, en La Voz de Galicia, fala de Concello mentiroso

Gonzalo Castro: "O Deportivo monta este circo o día que se comunican os eventos do 25 aniversario do título de Liga, apoiados polo Concello a colectivos deportivistas"

Massimo Benassi declina dar a sua versión a Onda Cero. Di Benassi en La Voz de Galicia que non van seguir aceptando mentiras do goberno local e responde Gonzalo Castro, concelleiro, que o Deportivo está facendo unha cortina de fume con Riazor e o concerto de El Último de la Fila, porque o Concello apoia a diferentes colectivos nos actos do 25 aniversario do título de Liga, mentres que do clube non se sabe cómo vai celebrar esta importante efeméride.

Alberto Gómez Barros

A Coruña |

Gonzalo Castro, en una foto de archivo, en una visita a Onda Cero Coruña

Terceiro día de tirapuxas entre Deportivo da Coruña e Concello á conta do concerto de El Último de la Fila en Riazor o vindeiro 13 de xuño de 2025.

Massimo Benassi declina dar a sua versión en Onda Cero. Sí fala para La Voz de Galicia, que xa titula: "No vamos a seguir aceptando las mentiras del gobierno local". E incide nas mentiras sobre o qué pasou na xuntanza da comisión de seguimento do convenio de Riazor, celebrada o luns 5 de maio, non o día 4, como apuntaba onte o concelleiro Gonzalo Castro.

Castro resposta a entrevista de Benassi en La Voz de Galicia, insistindo que sí se tratou na xuntanza do día 5 de maio o concerto de El Último de la Fila. Sin dar nomes, apunta que nesa xuntanza estiveron presentes, representando ó Deportivo, responsables corporativos, xurídicos, da instalación de Riazor e de protocolo. E amosa a sua idea de que o Deportivo usa, neste caso, a lea de Riazor como cohartada para tapar a inexistencia de eventos que conmemoren o 25 aniversario do título de Liga, cando o Concello deu conta dunha serie de eventos que vai patrocinar, organizados por diferentes colectivos deportivistas e que terán o día 24 de maio unha gran festa deportivista na explanada de Riazor con un concerto nocturno no que participarán, entroutros, La Mosca Tsé-Tsé, coa inesquencible canción del "yo te quiero dar".

Ademáis, escoitamos a Diego Epifanio. Consumado o descenso do Leyma BAsquet Coruña, ainda quedan tres partidos. O próximo conra o Andorra, o vindeiro sábado. Nel quere poñe-lo foco Epifanio, malia que se lle pregunta polo futuro, tendo ainda un ano máis de contrato.

O Deportivo e o Racing preparan os partidos da fin de semana. No Racing están dando conta tamén das obras na cidade deportiva de Mandiá. Mesmo apuntamos que Pablo López é un dos firmes candidatos ó banco do Racing. Xa coñece a casa e este ano salvou o Ourense na primeira Federación. O outro candidato era Yago Iglesias, adestrador que ven de ascender ó Pontevedra, pero que tamén manexa ofertas que poden leva-lo a traballar ó fútbol profesional.

Por último, hoxe celebra asamblea extraordinaria o Hockey Club Coruña. Será a partir das cinco nas instalacións do complexo deportivo de Elviña.