A ministra de Traballo e Vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, está de visita oficial a Ferrol, a sua cidade natal. Esta mañán visitou os asteleiros de Navantia, en Ferrol e en Fene, nos que mantivo xuntanzas tanto coa dirección como cos comités de empresa. Trala visita ó de Ferrol, compareceu ante os medios de comunicación co presidente do Comité, Carlos Díaz, e apoiou unha das peticións dos representantes sindiciais: o dique flotante para mellora-la competitividade que permitiría aforrar costes dun 25%& e de cara a conseguir máis contratos.
Tamén compartiu Yolanda Díaz a reclamación do presidente do Comité de Empresa, que pediu á Xunta un plan de formación para o sector naval. Iso sí, Carlos Díaz queixouse da dureza das trabas que considera puxo unha empresa pública como é NAvantia, dependente da SEPI para acadar un acordo dun convenio colectivo que leva caducado dende 2022.
Por último, a Ministra destacou que o asteleiro de Navantia é un claro exemplo da marca España e da soberanía tecnolóxica, ó tempo que apostou por seguir invertindo para conseguir un dos obxectivos marcado polo goberno, isto é, que a producción industrial chegue ó 20% do PIB español.
O venres será a segunda xornada na que Yolanda Díaz visitará oficialmente o Concello de Ferrol, será recibida pola corporación co alcalde José Manuel Rey Varela á fronte e asinará no libro de ouro. A continuación visitará o Edificio Sindical, na Rúa do Carme, recentemente reformado, onde estará acompañada polos secretarios xerais de CCOO e UGT de Galicia, ademáis do novo subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde.
