Entramos en Espacio Lector Nobel, na Rúa Padre Feijóo, a carón da Praza de Ourense e da gusto ver o ambiente. Hoxe a librería é un ir e vir, un ollar, preguntar, recoller e mercar libros.
E coa retranca de que si Mahoma non foi á montaña, aprobeitamos a vitalidade e a disposición de Ana González para dar conta da data, do ambiente e das tres recomendacións que nos fai para este día: "El hombre que amaba los libros" de Patrick deWitt, os libros da serie "Mis primeros 18 años", "O Alvatros negro" de María Oruña e a última edición de "O Señor dos Aneis", edición ilustrada, comentada, nunha fermosa caixa.
Coincide a conexión coa presencia de Inés Rey nos estudios de Onda Cero Coruña, á que tamén lle recomenda algún libro Ana.
