O pabellón dos deportes do Espiño dispoñía de 240 butacas que se encheron de asistentes chegados dende o propio concello de Carral e outros da comarca. Nunha delas sentou, en primeira fila Ángel García Seoane, rexidor de Oleiros e líder de Alternativa dos Veciños, partido que viña gobernando en Carral con Javier Gestal, o de Jacinta, como o coñecen os veciños. E moita xente seguiu o pleno de pé.
Foi un pleno que empezou puntualmente, ás doce do mediodía. E a partir de ahí, comezou coa intervención de Mercedes Caridad, que foi a presidenta da mesa, por ser á representante municipal de maior idade. A ela xa foron os primeiros apupos, cando deu conta da acta notarial que rexistraba os motivos polos que os cinco concelleiros do PP e os dous edís non adscritos, antes no goberno municipal con Alternativa dos Veciños, asinaron a moción. Isto é, a propia Mercedes e Fran Bello.
Tamén houbo apupos para José Luís Fernández Mouriño, o seguinte en falar. Despois chegou a intervención de Javier Gestal. E a continuación a de Fran Bello, que no intento de defender e defenderse en contra dun libreto enviado por Alternativa dos Veciños a cada casa de Carral, recibiu moitos apupos, destacando os de o mesmo Ángel García Seoane en primera fila.
Rematarou o turno de intervencións coa da representante do PSOE, Patricia Blanco, que se amosou crítica coa xestión de Javier Gestal, pero votou en contra da moción de censura. E a de Rocío Rabuñal, que entroutras cuestións, lembrou que os non adscritos Fran Bello e Mercedes Caridad non poden ocupar cargos na futura corporación municipal que preside Mouriño, nin poden cobrar. Por iso, estarán vixilantes para que se e adoptarán todas as medidas que contempla a lei.
Rematado o pleno José Luís Fernández Mouriño expresou no micrófono de Onda Cero as suas primeiras sensacións ó volver a ser alcalde. E
