Do número 90693

A administración de lotería de Alcalde Lens reparte 10 millóns de euros ó vender un terceiro premio da lotería de nadal

El Yunque, en Alcalde Lens, vendeu 200 décimos do terceiro premio da lotería de nadal, repartindo 10 millóns de euros en premios. Cada décimo está premiado con 48000 euros netos, dado que Facenda retén 2.000 euros en cada décimo por impostos. Tamén había felicidade entre as empregadas de Bimba y Lola, na rúa Compostela, dado que a empresa repartiulles participacións do 70048, agraciado co segundo premio da lotería.

Redacción

A Coruña |

Lorena, Manoli e Rocío, felices polo premio conseguido na lotería de nadal en Alcalde Lens

A Administración de Lotería El Yunque, da Rúa Alcalde Lens, repartiu 10 millóns de euros en premios, dado que vendeu 200 décimos do terceiro premio, o 90693. Entre os premiados están 23 empregados e empregadas do Supermercado Familia, que mercaron un décimo e amosaban a sua felicidade polo pico de algo máis de 2.000 que van repartir por cabeza.

Unha pastelería dos Rosales tamén vendeu participacións deste número. O responsable da Administración é César Quiñones e tiña a corazonada de que ía dar un bo premio neste sorteo do GORDO.

Ademáis, este 90693 tamén foi vendido na administración do As de Oros do Centro Comercial dos Rosales e na do Gato Negro da Avenida Gran Canaria. Neste caso, o responsable da Administración, Diego casal, explicabanos que cree que é un número que consiguiron por máquina.

E fóra da Coruña, na provincia, do 90693 foron vendidos tres décimos en Baio. E tamén caeu o 5 premio na provincia, en concreto en Fisterra. Foi o número 77.715. 84 décimos=504 mil euros