Román Rodríguez en Onda Cero Galicia

O conselleiro de Educación acusa á oposición de «alarmar á sociedade» inxustificadamente de cara ao inicio de curso

Insiste o conselleiro en que «o mellor xuiz é o tempo»; está convencido de que o inicio do curso escolar estará dentro da normalidade. En entrevista no programa Galicia en la Onda cualificou de anecdóticas as concentracións de protesta que tiveron lugar nas últimas horas. Román Rodríguez reafirmou en Onda Cero que o currículum de Educación Infantil estará aprobado no próximo Consello da Xunta e indica que, con este tema, non busca a confrontación política co Ministerio. O conselleiro anunciou que dotarán de maior orzamento aos centros para que poidan facer fronte ás subas do prezo da enerxía.

ondacero.es

Galicia | 07.09.2022 16:02