Temas

Volta Montana

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (26-04-2019)

Comezamos o programa co balance turístico da Semana Santa e repasando outras cuestións da actualidade máis viaxeira. Convidamos á xornalista Julia Varela, unha galega viaxeira que acaba de publicar a súa primeira novela e que nunhas semanas vai a Israel a comentar o festival de Eurovisión. Percorremos múltiples rutas por Galicia con Pablo Conde desde Volta Montana e rematamos a viaxe coñecendo os detalles da nova edición do "Sacra Fest"

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (22-02-2019)

Nesta tarde de venres viaxamos ata Caldas de Reis para coñecer o seu potencial termal guiados polo alcalde, Juan Manuel Rey. Percorremos a provincia de Ourense co entroido como fío condutor con Pablo Conde, #galicialover desde Volta Montana. Ademais, collemos forza en dúas das citas gastronómicas máis importantes da fin de semana: o Cocido de Lalín e o Butelo da Fonsagrada.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (18-01-2019)

Viaxamos polo mundo cun cociñeiro viaxeiro: Iñaki Bretal, propietario do Eirado da Leña (Pontevedra). Cos amigos de "Volta Montana" marcamos rutas de inverno para descubrir a Galicia máis auténtica. Visitamos o Concello de Castro Caldelas (Ourense) para sumarnos á Festa dos Fachós e descansamos en Monfero (A Coruña): a casa de Lourán é o noso destino final esta semana

Onda Ceri Galicia

Gente Viajera de Galicia (09-11-2018)

Percorremos Galicia cos amigos de Volta Montana para celebrar o magosto, e coa Ruta do Viño Rías Baixas para conmemorar o Día Europeo do Enoturismo. Na entrevista viaxeira visítanos Xabier Diaz, coa súa música subímonos aos escenarios de medio mundo. Ademais, percorremos o cemiterio de Boisaca, en Compostela, cunha nova guía a cargo de Carmela Sánchez, e rematamos a viaxe na comarca do Deza: Silleda como destino e Queixería Hoxe en Lalín como aposta gastronómica

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (18-05-2018)

A actualidade da semana e a viaxe express con destino A Estrada abren o programa deste venres. O galego viaxeiro que esta semana nos leva polo mundo é o secretario de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda. Somos #GaliciaLovers e cada mes buscamos os lugares máis auténticos cos amigos de "Volta Montana": o Ribeiro é un dos destinos escollidos. E rematamos a viaxe en Allariz para pasear polas case catro hectáreas que ocupa o Festival Internacional de Xardíns á caron do río Arnoia

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (13-04-2018)

Comezamos o programa falando de viños viaxeiros e visitando Compostela para inscribirnos nas inscribirn nas Xornadas "Cafés patrimonio cultural". Convidamos ao escritor Pedro Feijoo para percorrer a cidade de Vigo co seu novo libro como guía: "Camiñar o Vigo Vello. Un paseo pola historia da cidade". Nesta viaxe acompáñannos os amigos de Volta Montana, Cristina Collazo e Pablo Conde, dous #GaliciaLovers que nos descubren os lugares máis auténticos. O destino final será a Ribeira Sacra para sumarnos a unha nova edición das súas visita en globo

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (16-03-2018)

Comezamos repasando a actualidade da semana e surfeando na Lanzada coa escola Waipia do Grove. Estreamos sección #GaliciaLovers con Cristina Collazo e Pablo Conde desde "Volta Montana". E Santiago de Compostela é un dos destinos protagonistas da tarde con moitas propostas culturais e gastronómicas porque nos visita Rebeca Munín, directora da revista Pincha.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (09-02-2018)

O entroido guía parte da viaxe deste venres ao tempo que descubrimos a Galicia máis autentica con Cristina Collazo, co-fundadora de "Volta Montana". Buscamos unha experiencia de enoturismo visitando as adegas "Vía Romana" en Chantada. Para descansar escollemos Fisterra, aloxámonos nun hotel da natureza cunha atención 100% personalizada: "Mar da Ardora"