Temas

voadora

Más de Uno Pontevedra

Marta Pazos: "En 2021 estrearemos un `Othello´moi especial poñendo o foco nas mulleres da obra de Shakespeare"

Hoxe conversamos coa pontevedresa Marta Pazos, directora teatral á fronte da compañía "Voadora". Falamos de teatro en tempos de confinamento, da súa iniciativa para compartir obras en youtube e tamén das próximas estreas que chegarán: o seu terceiro Shakespeare en 2021 con "Othello" e unha nova data para "Siglo mío, bestia mía", obra que hoxe tiñan que estrear no Centro Dramático Nacional. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira no programa "Más de uno Pontevedra"

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (22-04-2020)

Comezamos o programa coa actualidade do día nesta crise do coronavirus e comentando con Juan de Sola a valoración desde a FANPA da posibilidade que os nenos e nenas terán a partir do domingo de saír a pasear. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista coa pontevedresa Marta Pazos, directora teatral á fronte da compañía "Voadora". Ademais, rematamos o programa en compañía de Raquel Pedrouso

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (10-02-2017)

A actualidade da semana e unha viaxe express co amor como guía por Pontevedra abren o programa deste venres no que viaxamos polo mundo coa actriz, directora e fundadora da compañía VOADORA, Marta Pazos. Para comer imos primeiro aprender a cociñar cunha mestra viaxeira: Anna Mayer, á fronte de obradoiros de cociña no Mercado de Abastos de Compostela. E para descansar visitamos Sarria e o Hotel Alfonso IX, onde descubrimos unha exposición de arte itinerante