Temas

viaxe express

SUSANA PEDREIRA

Gente Viajera de Galicia 20/05/2022

Nesta fin de semana Sanxenxo é epicentro informativo.O rei emérito visita o concello coa regata da Copa de España. 183 profesionais dos medios de comunicación acreditados para ver a Juan Carlos I. Repasamos estas noticias e outras ca xefa de informativos de Onda Cero Galicia, Marta Rodríguez.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (28-02-2020)

A viaxe desta tarde lévanos ata Baiona para vivir a Arribada e ata Arzúa para vivir a Festa do Queixo. Andaremos de #Cuchipanda con Polo Correo do Vento e comendo boas empanadillas por Vigo da man de María Fernández, editora xefa da revista Traveler.es. O noso destino final desta semana é Chantada para adiantarnos á Feira do Viño que celebran a partir do 6 de marzo.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (10-01-2020)

Nesta primeira viaxe de 2020 comezamos repasando a actualidade e viaxando ata Canadá, nunha nova entrega de "Viaxes Arnau". Percorreremos Galicia desde a cidade de Lugo con Lidia de la Fuente, ata o barco de Valdeorras para degustar o seu botelo, pasando pola provincia de Pontevedra para apuntarnos á nova edición de "Voando na Rías Baixas".

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (15-11-2019)

Como cada venres, a viaxe comeza coa actualidade da semana e cun destino express: o Castelo de Soutomaior para participar nunha nova cata amateur da Ruta do Viño Rías Baixas. Desfrutamos da cultura e da gastronomía compostelá coa directora da Revista Pincha, Rebeca Munín. Buscamos cidades que se transforman coa chegada do Nadal con María Fernández desde www.traveler.es e rematamos descubrindo un novo xeodestino: a Ribeira Sacra entre as provincias de Lugo e Ourense.

ONDA CERO GALICIA

Gente Viajera de Galicia (24-05-2019)

Comezamos o programa repasamos a actualidade máis turística e facendo unha viaxe express ata o Festival de Cans. No tempo da entrevista convidamos ao ornitólogo Antonio Sandoval e concedemos protagonismo ao rural coa fotoxornalista Alba Sotelo. Rematamos o programa de ruta con Pablo Conde desde Volta Montana: as Sisargas son hoxe as protagonistas.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (03-05-2019)

Esta semana subímonos á furgo de Román Pena para percorrer Galicia seguindo as rutas do seu blog "Viaxando en furgo". Repasamos a actualidade máis turística e anotámonos na nova edición da "Epic Race Pontevedra". Como cada primeiro venres do mes, temos cuchipanda cos amigos de Polo Correo do Vento. Rematamos a viaxe en Ribadavia degustando o mellor viño na 56ª Feira do Viño do Ribeiro

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (15-03-2019)

Repasamos a actualidade máis viaxeira e facemos unha primeira parada en Sober para participar nunhas xornadas ornitolóxicas. No tempo da entrevista cruzamos o charco coa cantautora galega Sheila Patricia: acaba de volver de Cosquín (Arxentina). Falamos de gastronomía e cultura en Compostela e Padrón guiados polos contidos do novo número da Revista Pincha que dirixe Rebeca Munín. Rematamos a viaxe en Ferrol para vivir a súa Noite das Pepitas

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (08-02-2019)

Esta semana facemos o Camiño de Santiago para non perdernos unha nova edición de "Fairway": convidamos a María Rivera, xerente do albergue San Lázaro de Sarria e unha das participantes na xornada de portas abertas, con ela tomamos nota de bos consellos para facer o Camiño con can. Visitamos Xantar en Ourense e comemos nun dos restaurante participantes: "O Refuxio de Merza". Percorremos as rúas de Pontevedra celebrando o San Valentín da man de Turiña, o proxecto de Rocío Romero e Cora Velasco.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (01-02-2019)

A viaxe desta tarde ten como punto de partida Monforte de Lemos para visitar o colexio dos Escolapios, e como destino final San Vicente do Grove para descansar no mellor hotel pet friendly de España: Cons da Garda. Polo camiño estaremos de cuchipanda cos amigos de Polo Correo do Vento, e viaxaremos polo mundo da man de Rodrigo Romaní, fundador da orquestra folk SonDeSeu

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (18-01-2019)

Viaxamos polo mundo cun cociñeiro viaxeiro: Iñaki Bretal, propietario do Eirado da Leña (Pontevedra). Cos amigos de "Volta Montana" marcamos rutas de inverno para descubrir a Galicia máis auténtica. Visitamos o Concello de Castro Caldelas (Ourense) para sumarnos á Festa dos Fachós e descansamos en Monfero (A Coruña): a casa de Lourán é o noso destino final esta semana