Temas

Susana Pedreira

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 18/04/2024

Abrimos o programa coas noticias deste xoves e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Como cada xoves, comentamos a actualidade local en compañía de Rodrigo Cota e completamos o programa tomando a última antes de marchar: Santiago Chenlo, responsable do Museo da Historia de Valga, é hoxe o noso convidado

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 17/04/2024

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. Falamos de saúde capilar con Óscar Mendoza e, ademais, completamos o programa coas amigas e amigos de “De vella a bella”.

MÁIS DE UN PONTEVEDRA

25 de abril en Portugal: 50 anos dun soño

Concedemos protagonismo ao colectivo pontevedrés “De vella a bella" para coñecer os intereses e preocupacións das persoas +60 da nosa cidade. Hoxe visítanos Peque González en compañía de Xaime Toxo para compartir unha clase de Historia e convidarnos á programación que organiza o Ateneo de Pontevedra para conmemorar a "Revolução dos Cravos" do 25 de abril.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 16/04/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes e buscando a información metereolóxica. Abrimos tempo de entrevista co presidente de ASAMPO, Fran Pérez-Mirás, para coñecer os detalles dunha nova edición da “Pontevedrada”. Ademais, completamos o programa con novas recomendacións lectoras desde a Librería Cronopios en compañía de Mercedes Corbillón.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 15/04/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de luns marcada pola toma de posesión do novo Goberno Galego. Visitamos o Museo de Pontevedra para unha visita guiada á exposición “Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo”, comisariada por Juan de Nieves. Ademais, como cada luns, falamos de motor e completamos o programa cunha nova edición de “Cántamo… en galego!”.

PROGRAMA COMPLETO

Gente Viajera de Galicia 12/04/2024

Imos buscar ideas de viaxe por Galicia entre Culleredo,Vedra e Costa Rica...ese será o destino final, pero a primeira parada será na provincia de Ourense, porque esta semana quedou constituida a comisión de municipios da via da prata que atravesa 28 concellos. Ademais Pati Blanco nos leva ata Monte Xalo.