Temas

soutomaior

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 04/04/2024

Abrimos o programa coa actualidade deste xoves e conversando co alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e recuperamos o espazo semanal en compañía de Rodrigo Cota. Ademais, como cada xoves, tomamos a última antes de marchar: a facilitadora de ioga oncolóxico, Gema Figueroa, é hoxe a nosa convidada.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 15/03/2024

Repasamos a actualidade de Pontevedra e comarca, con titulares relevantes: a deputación de Pontevedra mantén o convenio de máis de dous millóns de euros para investir en proxectos previstos na capital. Tamén, revisamos o programa da sétima edición do foro 'As mulleres que opinan son perigosas' cunha das súas promotoras, a xornalista Diana López, que se celebra no Teatro Principal. Analizamos coa asociación Boa Vida a situación do traballo informal das mulleres en ocupacións como os coidados e o fogar que afecta a un gran número de inmigrantes. Facemos unha parada en Caldas de Reis onde se desenvolve unha iniciativa de recollida de residuos no marco do programa 'Mares Circulares' de Coca-Coca. Conversamos co escritor Perfecto Souto sobre a súa nova novela titulada Clarisa, centrada no escenario do convento de Santa Clara. E, ademáis, descubrimos o programa da Festa da Ostra gracias a Manu Lorenzo, alcalde de Soutomaior.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 31/01/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de mércores e conversando con María del Carmen Tenorio, portavoz da Plataforma contra a A-57. Visitamo Soutomaior en compañía do seu alcalde, Manu Lourenzo, e, ademais, completamos o programa falado de baloncesto co director executivo do Celta Baloncesto, Carlos Colinas.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 27/12/2023

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando co alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo. Buscamos a información do tempo e abrimos tempo de entrevista co director técnico de Óptica e Audiología Martínez, Andrés Martínez. Ademais, completamos o programa coa visita de Ana Santos e Charo Valcárcel de “De vella a bella”, e visitamos Marín para facer balance do ano coa alcaldesa, María Ramallo.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 01/08/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día, escoitando o que a rúa responde e visitando Vilagarcía de Arousa e Cambados. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal: hoxe o noso convidado é o novo alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo. Completamos o programa co espazo Cronopios e as novas recomendacións lectoras de Mercedes Corbillón