Temas

Sanxenxo

HISTORIAS DE LOITADORAS

A historia de Gorane Montes na Praza de Abastos de Sanxenxo

As prazas e mercados de abastos son espazos de vida nas vilas e cidades galegas. Adentrámonos neles, da man da Federación de Prazas de Abastos de Galicia, para coñecer as historias de vida das mulleres praceiras que cada día poñen en marcha os seus postos con esforzo e amor polo seu traballo.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 27/03/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada previa aos festivos de Semana Santa e buscamos a información do tempo. Abrimos tempo de entrevista co presidente do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo, Francisco Hernández, e visitamos A Estrada para degustar unha nova edición de “Santas Tapas”. Ademais, completamos o programa falado da Vig-Bay no espazo “Juntos con Vepersa”.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 25/03/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de luns que inaugura a Semana Santa 2024. Buscamos a información metereolóxica e abrimos tempo de entrevista co director do Hotel Carlos I Silgar en Sanxenxo, un dos concellos turísticos por excelencia en Rías Baixas. Ademais, temos cita con experto para falar de deducións fiscais interesantes e pouco habituais e, como cada luns, completamos o programa cunha nova edición de “Cántamo… en galego!”.

HISTORIAS DE LOITADORAS

A historia de Sara Martínez na Praza de Abastos de Sanxenxo

As prazas e mercados de abastos son espazos de vida nas vilas e cidades galegas. Adentrámonos neles, da man da Federación de Prazas de Abastos de Galicia, para coñecer as historias de vida das mulleres praceiras que cada día poñen en marcha os seus postos con esforzo e amor polo seu traballo.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 17/01/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de mércores e conversando co concelleiro de Educación de Pontevedra, Demetrio Gómez, sobre a situación do CEIP Barcelos. Buscamos a previsión do tempo e visitamos o concello de Cambados en compañía do alcalde, Samuel Lago. Ademais, completamos o programa falado da crise dos pélets de plástico e da preocupación do sector turístico co presidente do CETS, Alfonso Martínez.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 29/12/2023

Abrimos o programa coa crónica do pleno de orzamentos en Pontevedra e buscando a previsión metereolóxica para os últimos días do ano. Convertemos a radio nun conto de venres hoxe en compañía do escritor e divulgador pontevedrés, Jose Benito García. Ademais, completamos o programa cunha axenda chea de experiencias para desfrutar e regalar en Rías Baixas.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 12/12/2023

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscamos a previsión meteorolóxica. Abrimos tempo de entrevista co presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, Alfonso Martínez. Ademais, completamos o programa coas mellores recomendacións literarias de Mercedes Corbillón desde Cronopios e coa visita do escritor Santiago Posteguillo.