Temas

Radio en la Onda

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (29-06-2017)

Analizamos a actualidade da xornada e almorzamos na Devesa para pechar temporada con parte do equipo directivo de Saraiva, Ricardo Fra e Noelia López. Como cada xoves, reivindicamos a mobilidade sostible con PEDALADAS e hoxe, ademais, coñecemos a aventura da familia Supertrump. En Sanxenxo rematamos o programa para cumprir o noso reto turístico de xuño: o Racing Dakart na Praia de Major é a proposta de hoxe.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (13-02-2017)

O suceso da Estrada e a desaparición dun mariñeiro de Marín en augas senegalesas centran a nosa atención na primeira parte do programa. Buscamos a información deportiva co noso compañeiro Rubén Rey e, no tempo da entrevista, hoxe temos versión extendida de "Cántamo... en galego!" con María Xosé Silvar, SES, como convidada no Salón de Actos da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Así celebramos o Día Mundial da Radio: cunha entrevista fóra da emisora e un auditorio repleto de público. Grazas a tod@s!

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (08-06-2016)

O nome de JAVI GÓMEZ NOYA é o primeiro que pronunciamos hoxe no programa porque é o protagonista do día: Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2016! Felicitando ao triatleta e repasando o resto da actualidade completamos a primeira parte de Pontevedra na Onda. No tempo da entrevista falamos de educación do director do colexio Los Sauces, Manuel Casal. E no espazo dedicado a falar de cooperación e solidariedade hoxe falamos do concepto "vellez activa" e coñecemos o proxecto "Enxebre" ubicado en Rodeiro