Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

Temas

Pontevedra en la Onda

  • Estudios Pontevedra 2

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (22-06-2018)

    Repasamos a actualidade do día e da semana e marcamos, como cada venres, unha completa axenda cultural, de ocio e festiva marcada pola noite de San Xoán. Preparamos a Carreira Ponle Freno cos protagonistas do "Reto Onda Cero Pontevedra" e descubrimos un novo destino turístico, hoxe visitamos o Concello de Cerdedo-Cotobade.

  • Nanda Castro - Pontejabón

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (21-06-2018)

    Repasamos a actualidade do día e visitamos Cambados no noso reto de xuño: "20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles". Falamos de viticultura da man do Consello Regulador da DO Rías Baixas e abrimos o noso espazo semanal de saúde, hoxe protectores solares e cosmética natural con Nanda Castro desde Pontejabón. Rematamos o programa con Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

  • Estudio de Onda Cero Pontevedra

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (20-06-2018)

    Abrimos o programa repasando a actualidade desta xornada de mércores e visitando Carril no reto de xuño: "20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles". Na segunda parte conversamos co presidente do Club de Golf Chan de Fento de Meis e falamos de psicoloxía con Pedro Raúl Montoro, profesor na UNED e director do curso de verán que se impartirá na Lama baixo o título “El lado oscuro del comportamiento. Como la ciencia aprende de los errores humanos”. Rematamos o programa falando de mobilidade coa Asociación Pedaladas

  • María Rey - Concejala de Ciudadanos

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (19-06-2018)

    Comezamos resapasando a actualidade do día e visitando Caldas de Reis no reto de xuño: "20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles". No almorzo informativo desta semana conversamos coa concelleira de Ciudadanos en Pontevedra, María Rey. Ademais, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios

  • Estudio Onda Cero Pontevedra 5

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (18-06-2018)

    Abrimos o programa coa actualidade do luns e conversando cos organizadores do Circuito de Carreiras "Ponle Freno" que hoxe presentaron en Pontevedra a cita do 30 de xuño. Buscamos a predicción metereolóxica e visitamos Vilagarcía de Arousa, novo destino no reto de xuño: "20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles na provincia". Ademais, como cada luns, abrimos espazo de motor con Abel Millán e buscamos ritmo coa nosa sección musical "Cántamo... en galego!".

  • Estudios Pontevedra 2

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (15-06-2018)

    O asunto Ence volve a ser actualidade. Este fin de semana se celebra a marcha contra celulosas convocada pola APDR. Damos un paseo polo concello de Ribadumia para coñecer un destino que visitar este veran. Como cada venres analizamos o estado deportivo e mental dos nos participantes do Reto-Ponle Freno. E repasamos unha amplia axenda de eventos este fin de semana.

  • Raquel Carragal - Centro Alaia

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (14-06-2018)

    Abrimos o programa interesados polos paros programados polos traballadores da estación de tren de Pontevedra. Conversamos coa teniente alcalde da capital, Carme Da Silva, nos preparativos da chegada do Aquarius. Atendemos un informe de Greenpeace sobre o plan de emerxencias de lumes en Galicia. Falamos de boa saude con Raquel Carragal, do centro Alaia. E, facenos unha ruta polo concello de Meis no noso espacio 20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles.

  • Raquel Pedrouso

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (13-06-2018)

    Abrimos o programa repasando a actualidade desta xornada de mércores e visitando Moraña no reto de xuño: "20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles". No tempo da entrevista convidamos ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Rematamos o programa coa visita da nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso, acompañada por participantes do proxecto Senda en Poio