Temas

Ponteatro

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (19-11-2015)

Comezamos repasando a actualidade con ENCE como dobre protagonista: datos do Plan Estratéxico que hoxe a pasteira presentou ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores e o reparto de material da campaña "Ence Fora" na Praza de Ourense. No tempo da entrevista conversamos co director e os actores da obra "O Principio de Arquímedes" da compañía Teatro do Atlántico. Temos novo espazo de saúde visual con Óptica Martínez e buscamos calidade na Praza da Verdura visitando unha tenda de barrio

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (05-11-2015)

Nos vindeiros días a cidade acollerá ata catro manifestacións en defensa da sanidade pública e do monte libre de trampas, cuestións que centran a nosa atención no inicio do programa. Esta noite hai nova función no Principal dentro do ciclo Ponteatro e convidamos ao programa aos actores Victor Mosqueira e Evaristo Calvo para presentar o novo espectáculo de Mofa&Befa: "Bobas e galegas". Temos novo espazo de saúde con Óptica Martínez e nova edición de PONTE CALIDADE, hoxe coñecemos a Jose González "Malaguita" e o selo discográfico Certain Music

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (08-09-2015)

Repasamos a actualidade local e inauguramos temporada de teatro en Pontevedra conversando co actor Cesar Goldi que hoxe súbese ao escenario do Teatro Principal coa obra "O Presidente". No tempo da entrevista recibimos a visita da cambadesa Araceli Oubiña: acaba de subir á cima do Kilimanjaro con catro mulleres máis que superaron un cancro de mama. Visitamos O Grove para convidalos ás xornadas "A cociña do mar" que hoxe organiza EMGROBES e, como cada xoves, temos nova edición de PONTE CALIDADE, esta semana coñecemos á empresa de cervexa artesana Saramagal ubicada en Barro