Temas

música en galego

Más de Uno Ourense

En “Más de Uno Ourense” conversamos co Ramiro Núñez

Letras sociais e diversidade de estilos caracterizan os traballos deste artista valdeorrés. Ramiro Núñez creador do grupo musical Sr. Jingles presenta no Liceo de Ourense temas do que será o segundo álbum discográfico despóis de “El Grito Wilhelm” editado en 2016.

Os encontros do "Cántamo... en galego!

Guadi Galego: "Na memoria radica todo, quen nega os seus afectos e as súas raíces estase negando a unha mesma"

O IES Valle Inclán de Pontevedra foi o escenario dun novo encontro de "Cántamo... en galego" con Guadi Galego como convidada para presentar o seu último disco: "Immersión". Un traballo no que Guadi volve sobre as súas cancións dos últimos cinco anos para crealas de novo coa colaboración de Iván Ferreiro, Andrés Suarez, Vega ou Xabier Díaz. Entre cancións e preguntas coñecemos a unha muller que recoñece ter cambiado moito nos vinte anos que leva na música, dúas décadas nas que sente que se foi empoderando, aceptándose a ela mesma e asumindo as equivocacións como necesarias para seguir construíndo. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira