Temas

Museo de Pontevedra

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 14/07/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día, escoitando o que A Rúa Responde e conversando co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. Como cada venres, convertemos a radio nun conto en compañía de Carmen Quinteiro e marcamos axenda cultural, de ocio e festiva para esta fin de semana de xullo.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 13/06/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co director do Museo de Pontevedra, Jº Manuel Rey. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal: hoxe a nosa convidada é a alcaldesa en funcións de Marín, María Ramallo. Completamos o programa co espazo Cronopios e as novas recomendacións de Mercedes Corbillón.

Cita a cegas no Museo

Sabela Santos: "Traballamos para que o Museo de Pontevedra sexa cada vez máis social e máis aberto"

Celebramos o Día Internacional dos Museos visitando a exposición itinerante de reproducións de obras de arte do Museo de Pontevedra instalada en Campolongo para achegar a arte ás persoas usuarias da Residencia da Terceira Idade do barrio. Conversamos con Sabela Santos, responsable do Departamento de Educación do Museo, con Juanjo López, director da residencia, e con outras das persoas protagonistas desta xornada de celebración e reivindicación dos museos, da sostibilidade e do benestar.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 22/05/2023

Comezamos o programa coa actualidade do día e conversando coa presidenta do PSdG, Carmela Silva, neste undécimo día de campaña electoral. Visitamos o Museo de Pontevedra nunha nova edición das nosas citas a cegas e, ademais, como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e escoitamos música na nosa sección semanal "Cántamo... en galego!".

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 24/04/2023

Comezamos o programa co resumo da actualidade do día e visitando o Museo de Pontevedra nunha nova edición das nosas citas a cegas. Ademais, como cada luns, escoitamos música coa sección "Cántamo... en galego!". Despedímonos ás 13:00 h para dar paso a un especial de Onda Cero Galicia en colaboración co Eixo Atlántico.

Cita a cegas no Museo

Marta Rodríguez: "O Museo e o seu departamente pedagóxico son de enorme axuda para as actividades educativas dos colexios"

Visitamos o Museo de Pontevedra cos nosos micros para coñecer os seus fondos, espazos e as diferentes exposicións que ofrece. Os nosos guías son persoas que manteñen unha relación especial co Museo e hoxe citámonos con Marta Rodríguez Carballo, mestra no Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra. Marta explícanos como participa co alumnado nas propostas educativas do Museo e guíanos por algunhas das salas que visita coas nenas e nenos do seu centro.