Temas

Miguel Anxo Murado

Entre micros e libros

MURADO: "O tempo é a materia da que está feita a vida, é o gran tema da literatura"

O escritor e xornalista Miguel Anxo Murado estivo con nós na Librería Cronopios para presentar o seu último libro, "Tres minutos no aire": unha recompilación de textos que el lía semanalmente no diario cultural da Radio Galega entre os anos 2006 e 2009. Murado escribe historias que só pode escribir un gran viaxeiro literario como el, artigos sobre a Historia, a literatura e a vida cotiá cheos de emocións ao máis puro estilo Cunqueiro, a quen recoñece que lle debe o feito de ser escritor. No fondo, o tempo como motor transformador do mundo é o gran tema en todas estas pequenas historias de Murado e confesounos que lle fascina ata tal punto como para pensar en escribir un libro unicamente sobre "o tempo" e o seu poder para poñer cada cousa no seu lugar. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira

Entre micros e libros

MURADO: "O tempo é a materia da que está feita a vida, é o gran tema da literatura"

O escritor e xornalista Miguel Anxo Murado estivo con nós na Librería Cronopios para presentar o seu último libro, "Tres minutos no aire": unha recompilación de textos que el lía semanalmente no diario cultural da Radio Galega entre os anos 2006 e 2009. Murado escribe historias que só pode escribir un gran viaxeiro literario como el, artigos sobre a Historia, a literatura e a vida cotiá cheos de emocións ao máis puro estilo Cunqueiro, a quen recoñece que lle debe o feito de ser escritor. No fondo, o tempo como motor transformador do mundo é o gran tema en todas estas pequenas historias de Murado e confesounos que lle fascina ata tal punto como para pensar en escribir un libro unicamente sobre "o tempo" e o seu poder para poñer cada cousa no seu lugar. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira.