Temas

Luis Rey

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (10-10-2018)

Repasamos a actualidade da xornada e conversamos co presidente do PP de Pontevedra, Rafael Domínguez. Buscamos a predicción do tempo para a ponte festiva e planificamos unha visita ao Grove para desfrutar das Xornadas Gastronómicas organizadas por EMGROBES. Como cada mércores, somos altavoz das mulleres do fondo da Ría de Pontevedra, hoxe convidamos a unha psicóloga e a unha usuaria da Asociación Juan XXIII. Completamos o programa coa visita da nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (08-11-2016)

A negociación dos orzamentos municipais para 2017 comeza en Pontevedra entre goberno e oposición, nós conversamos no programa co portavoz de EN MAREA, Luis Rei. Unha nova edición do Congreso "Ponte a Punto" chega esta fin de semana ao Pazo da Cultura e o seu organizador, Jose Luis Bouzas adiántanos o programa e o perfil dos ponentes. Ademais, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas de outono con novas recomendacións CRONOPIOS da man de Mercedes Corbillón

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 30/06/15

O posible peche dunha unidade de infantil no CEIP Barcelos e os novos convenios entre Concello de Pontevedra e FANPA centran a nosa atención no inicio de programa, ademais repasamos a actualidade comarcal e damos voz á irreverente Dina Mita. No tempo do almorzo informativo conversamos co portavoz de Marea Pontevedra, Luis Rei. E, como cada martes, incorporamos á nosa biblioteca novas recomendacións Cronopios da man de Mercedes Corbillón