Temas

lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

Mas de Uno Pontevedra (03-06-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día, as reivindicacións dos traballadores das axencias de viaxes e conversando coa concelleira de Turismo e Comercio de Marín, Cristina Acuña. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista co xornalista Carlos Roma, pontevedrés teletraballando desde Madrid. Ademais, completamos o programa en compañía de Raquel Pedrouso para falar de educación e dos novos valores necesarios trala crise do coronavirus.

Onda Cero Pontevedra

Mas de Uno Pontevedra (24-01-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. Ademais, como cada venres, lembramos as principais noticias que protagonizaron esta semana de xaneiro que hoxe despedimos. Visítanos a mestra e escritora Carmen Quinteiro nunha nova edición de "Venres de conto", e marcamos unha completa axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (05-11-2019)

Abrimos o programa coa actualidade do día e buscando a previsión metereolóxica. Convidamos ao almorzo informativo dos martes á candidata de Ciudadanos por Pontevedra, Beatriz Pino. Ademais, completamos o programa coas mellores recomendacións literarias da man de Mercedes Corbillón desde Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (05-09-2019)

A limpeza do centro histórico de Pontevedra enfrenta a oposición e goberno. O PP pide explicacións sobre a actual situación. Tamen, analizamos os proxectos da Xunta de Galicia con José Manuel Cores Touris, delegado territorial. Damos información e recomendacións para disfrutar da celebración da Feira Franca. Recibimos a visita de Manuel Omil, portavoz da Policía Local. No espacio de saúde abordamos o regreso a actividade escolar das nenas e nenos. E pechamos sometiendo o noso cuestionario semanal a Rafa Domínguez, presidente do PP de Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (30-08-2019)

Finaliza agosto coa lembranza de Sonia Iglesias Eirin tras nove anos da sua desaparición en Pontevedra. Hoxe, a sua familia convoca unha movilización para que o caso non quede no esquecemento social, policial e xudicial. No concello de Soutomaior, o seu alcalde tamén recoñece problemas de persoal médico no centro de saúde. E repasamos a amplia axenda de ocio e cultura. Tamen despedimos as nosas becarias Sara Dorado e Sara Piñeiro despois dun verán intenso.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (29-08-2019)

A falta de traballadores alongaran a vendimia en Rías Baixas. Unha realidade que analizamos co sindicato Unións Agrarias. E furtivismo nos bancos marisqueros tamen o repasamos co sector. Descubrimos a novo proxecto do concello de Pontevedra de Centro de Interpretación da Cidade Medieval. E escoitamos a versión dos ecoloxistas con respecto a polémica de Ons polas restriccións de acceso. Pechamos coa sección do cuestionario. Responde: Paloma Castro, concelleira de Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (27-08-2019)

Centramos a atención no asunto do mercadillo de antigüedades de Pontevedra. As últimas decisión do goberno municipal ao respecto. Falamos coa concelleira do Gloria Blanco. Tamen analizamos o bo dato do emprego dos últimos dez anos para a capital cos representes de AEMPE. As doacións de sangue situan a esta zona de Galicia por enriba da media. Celebramos este feito con Angeles Pazos, portavoz da Axencia Galega de Doazons. E, como cada martes, gracias a Cronopios, repasamos algunhas recomendacións literarias.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (26-08-2019)

Última semana do mes de agosto que abrimos coa decisión da eliminación do rastrillo de Pontevedra e a creación de novos espacios para disfrute das mascotas do concello. A maiores repasamos as novas do motor e a última situación da microcistina no río Úmia, no concello de Caldas. Nos últimos minutos falamos de misterios e fenómenos paranormales no concello de Pontevedra e A Estrada.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (23-08-2019)

Pendentes da movilización, en Pontevedra, pola crisis humanitaria no Mediterráneo. Coñecemos unha aldea prehistorica, recreada nos terreos recuperados para uso civil despois de anos de dominio militar na parroquia de Salcedo, en Pontevedra. Estes veciños celebran un xantar prehistórico o vindeiro fin de semana. Contexto no se promoven moitas actividades, festas e concertos que repasamos na nosa axenda de ocio e cultura.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (22-08-2019)

Escoitamos máis voces sobre a polémica asistencia de membros do goberno da Deputación os actos de ofrenda a Virxe Peregrina. Pepa Pardo, portavoz do PP en Pontevedra, lamenta a posición do BNG. E solicita a continuidade das tradicións. Nos interesamos pola problemática do plástico no entorno da Illa de ONS. Un estudio científico alerta sobre a alta presencia deste residuo. Falamos de Cultura Drag e Trans no marco da iniciativa municipal ‘Pinto e Maragota. E, estreamos nova sección: un cuestionario persoal que descubre outras facetas de María Ramallo, alcaldesa de Marín.