Temas

Iván Puentes

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 09/01/2024

Abrimos o programa coa actualidade da xornada marcada polas reaccións á cuestión de confianza de Lores rexeitada polo pleno. Abrimos tempo de entrevista co portavoz municipal do PSdG en Pontevedra, Iván Puentes, e completamos o programa coas mellores recomendacións literarias de Mercedes Corbillón desde Cronopios.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 13/10/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e resumindo en sons e palabras a actualidade pontevedresa da última semana. Buscamos a previsión metereolóxica e recibimos a visita de Rodrigo Cota para comentar os asuntos que son noticia. Ademais, como cada venres, completamos o programa cunha completa axenda cultural, de ocio e festiva para gozar da fin de semana.

Entrevista electoral

Iván Puentes: “Son moi de rúa, a min a casa quéimame”

Citámonos co candidato do PSdG á alcaldía de Pontevedra, Iván Puentes, na cafetería El Pasaje para coñecelo máis de cerca á marxe do seu programa electoral. Descubrimos que en 1999 entrevistou a Lores cando era candidato á alcaldía e el un estudiante na facultade de Ciencias da Comunicación de Pontevedra. Cóntanos que desde neno tivo inquedanzas políticas e entrou na actividade orgánica de partido aos 18 anos en Fene mentres estudiaba xa en Pontevedra. Confesa que ten medo á morte e a sentirse só pero que é un home de 43 anos feliz a pesar da crise dos corenta na que aínda vive. Durante a conversa, toma con Susana Pedreira un viño Oporto e unha torta de chocolate que el mesmo pediu para compartir con ela.

Máis de Un Pontevedra

Pontevedra consolídase como destino gastronómico e de turismo verde

A potenciación do turismo gastronómico, con citas culinarias como o certame Pontealmorzo (en marcha ata o domingo 14 de maio) é unha das principais estratexias da concellería de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco. Ademais, en colaboración coa concellería de Desenvolvemento Sostible de Iván Puente,s están a apostar pola sostibilidade e o turismo verde co obxectivo de tentar desestacionalizar o turismo que chega á nosa cidade. Facemos balance do traballo feito neste mandato baixo o marco de "Pontevedra Capital Gastro".

Máis de Un Pontevedra

Puentes: "Pontevedra aspira a converterse na sede dun encontro europeo da alianza Greening Cities"

Visítanos o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, para coñecer a proposta plantexada no marco do Cities Forum 2023 que se celebrou en Turín: Pontevedra postúlase en 2023 como sede dun encontro da alianza Greening Cities e dun congreso que reunirá aos principais responsables da Comisión Europea en materia de renaturalización de cidades e loita contra o cambio climático. Puentes explicounos que tivo unha moi boa acollida por parte dos coordinadores da rede comunitaria e vese reforzada pola presidencia española do Consello da UE durante o segundo semestre deste ano.

Máis de Un Pontevedra

Iván Puentes: "Temos un proxecto pioneiro para solucionar as inundacións da rúa Fernando Olmedo"

Conversamos co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, o socialista Iván Puentes, para falarnos da estratexia "Pontevedra Flúe" e do proxecto pioneiro que permitirá dar solución ás inundacións de Fernando Olmedo. A proposta técnica, xa explicada á veciñanza da rúa, permitirá controlar o rego de Valdecorvos e conta co respaldo de Augas de Galicia.

Máis de Un Pontevedra

Iván Puentes leva "Pontevedra flúe" ao Cities Forum de Turín organizado pola Comisión Europea

Visítanos o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, o socialista Iván Puentes, para falarnos da súa viaxe a Turín a semana que vén. Participará na primeira reunión física do Partnership Greening Cities, unha alianza comunitaria deseñada no marco da Comisión Europea co obxectivo de impulsar a renaturalización de cidades e a loita contra o cambio climático.