Temas

Galicia Lovers

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (22-02-2019)

Nesta tarde de venres viaxamos ata Caldas de Reis para coñecer o seu potencial termal guiados polo alcalde, Juan Manuel Rey. Percorremos a provincia de Ourense co entroido como fío condutor con Pablo Conde, #galicialover desde Volta Montana. Ademais, collemos forza en dúas das citas gastronómicas máis importantes da fin de semana: o Cocido de Lalín e o Butelo da Fonsagrada.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (18-01-2019)

Viaxamos polo mundo cun cociñeiro viaxeiro: Iñaki Bretal, propietario do Eirado da Leña (Pontevedra). Cos amigos de "Volta Montana" marcamos rutas de inverno para descubrir a Galicia máis auténtica. Visitamos o Concello de Castro Caldelas (Ourense) para sumarnos á Festa dos Fachós e descansamos en Monfero (A Coruña): a casa de Lourán é o noso destino final esta semana

Onda Ceri Galicia

Gente Viajera de Galicia (09-11-2018)

Percorremos Galicia cos amigos de Volta Montana para celebrar o magosto, e coa Ruta do Viño Rías Baixas para conmemorar o Día Europeo do Enoturismo. Na entrevista viaxeira visítanos Xabier Diaz, coa súa música subímonos aos escenarios de medio mundo. Ademais, percorremos o cemiterio de Boisaca, en Compostela, cunha nova guía a cargo de Carmela Sánchez, e rematamos a viaxe na comarca do Deza: Silleda como destino e Queixería Hoxe en Lalín como aposta gastronómica

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (16-03-2018)

Comezamos repasando a actualidade da semana e surfeando na Lanzada coa escola Waipia do Grove. Estreamos sección #GaliciaLovers con Cristina Collazo e Pablo Conde desde "Volta Montana". E Santiago de Compostela é un dos destinos protagonistas da tarde con moitas propostas culturais e gastronómicas porque nos visita Rebeca Munín, directora da revista Pincha.