Temas

foliada

Máis de Un Pontevedra

Unha “Foliada da Memoria” para poñer palabras e festa fronte ao silencio da represión

Conversamos coa asesora de Memoria Histórica na Deputación de Pontevedra, Montse Fajardo, sobre a primeira edición da “Foliada da Memoria”. Lembrarase a figura de gaiteiros asasinados e mulleres vexadas e porase en valor o traballo das novas xeracións para recuperar o seu legado. Será o sábado 2 de xullo na carballeira do Souto de Chousa da Porta en Moneixas, onde haberá actividades para todos os públicos todo o día.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (27-04-2018)

Última viaxe de abril que comezamos co repaso pola actualidade máis viaxeira e visitando Arbo para degustar a lamprea. Visítannos os amigos de Polo Correo do Vento, Quique Mauricio e Carlos Taboada, para levarnos de #cuchipanda. Viaxamos ata o interior de Galicia para desfrutar da Foliada de Melide e, coa directora da Guía Repsol, María Ritter, rematamos a viaxe falando de gastronomía galega.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 22-04-2016

A viaxe deste venres levaranos polas catro provincias galegas con parada en Melide para sumarnos á súa Foliada, en Friol para durmir nun hotel entre natureza neste día Mundial da Terra, en Arbo para degustar a lamprea estreando a distinción de "interese turístico nacional" para a súa festa gastronómica, e en Ourense para abrir a AXENDA da fin de semana. No tempo da entrevista convidamos a tres galegos viaxeiros grazas ao cine: Luís Tosar, Mario Casas e Farruco Castromán, que estrean nova película nas carteleiras e no Festival de Cine de Málaga: "Toro", rodada entre Galicia e Andalucía

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 23-10-2015

Comezamos o programa repasando a actualidade do sector turístico e entrevistando a galegos que co seu traballo levan o nome de Galicia polo mundo: esta semana o mundo da moda é o protagonista conversando co lalinense Florentino Cacheda. A nosa GUÍA 4x4 con DESTINO GALICIA lévanos de ruta ata a comarca do Ribeiro guiados polo servizo de deportes da UVigo, propónnos comer nun xantar foliada en Vedra, busca onde durmir no portal www.escapadarural.com, e na provincia de Pontevedra abrimos a nosa axenda de fin de semana