Temas

Festa do Marisco do Grove

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (03-10-2019)

Abrimos o programa falando dos pequenos empresarios e emprendedores Pontevedreses con Jesús Rey, presidente de AJE, e Alexandra Garrido, coordinadora do XXIV Premio Xove Empresario do Ano. Buscamos a predicción do tempo e "poñémonos verdes" para adiantarnos á celebración do II Foro de Economía Circular no Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia). Tamén nos acompaña hoxe o guionista e director cambadés, Juan Galiñanes, cun novo documental no que a ría Arousa é a protagonista: "Mariñeiro". Completamos o programa falando de saúde coa presidenta de ASEARPO, Mabel Avendaño.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (30-09-2016)

A viaxe desta semana lévanos ata Toulouse e París da man do director Ignacio Vilar e o seu novo filme "Sicixia" rodado na Costa da Morte. Percorreremos territorio galego partindo de Compostela para coñecela en 3D, pasando por máis de 20 restaurantes que colaboran ata novembro coa ONG Acción contra el Hambre, e descansando no Hotel Bosque Mar do Grove en plena conta atrás para comezar a Festa do Marisco.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 02-10-2015

Como cada venres en Gente Viajera de Galicia comezamos repasando a actualidade do sector turístico e entrevistando a galegos que co seu traballo levan o nome de Galicia polo mundo: esta semana convidamos a un político, o alcalde da cidade máis viaxeira nos últimos tempos: Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra. A nosa GUÍA 4x4 lévanos de visita á cidade de Lugo para dar pistoletazo de saída ao San Froilán, condúcenos ata O Grove degustar o mellor marisco no Restaurante A Solaina, a durmir en Ourense nos hoteis balnearios de Caldaria, e a disfrutar da mellor música, do mellor teatro e do mellor humor en Compostela, Boiro e A Coruña. Ademais marcamos unha axenda cultural e de ocio para disfrutar da fin de semana en toda Galicia