Temas

exposicións

Más de Uno Pontevedra

A Feira do Moble de Galicia abre as súas portas na Estrada ata o 18 de setembro

Tres anos despois da última edición, no 2019, a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada acollerá unha nova Feira do Moble de Galicia. O evento, que tivo que pospoñer as súas citas habituais dos anos 2020 e 2021 por mor da pandemia sanitaria motivada polo coronavirus, celebrarase así entre o 15 e o 18 de setembro

Cultura

Pasaxeiros ao tren!

O Arquivo de Galicia mostra, nunha exposición, fotografías; expedentes; billetes antigos de tren cos que pretende visualizar a chegada e o desenvolvemento do ferrocarril en Galicia.

A mostra, que se poderá ver ata decembro de luns a domingo, está estructurada en seis seccións: O comezo da viaxe, Trens con destino a, Vías, Viadutos e estacións, O trazado invisible, O impacto económico, Pasaxeiros ao tren!.

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (24-09-2020)

Abrimos o programa coa actualidade desta nova xornada de outono e conversando co alcalde do Grove, Jose Antonio Cacabelos. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista co concelleiro de obras urbanas de Pontevedra, Demetrio Gómez. Ademais, hoxe tomamos a última e marchamos coa artista pontevedresa Cora Velasco.

#NonNosCanceles

"O Xacobeo ten un gran orzamento e debe redefinirse para axudar ao sector cultural galego e que teñamos máis presenza"

En Galicia hai máis de 30.000 profesionais traballando no sector cultural, un sector que leva semanas sen facturar e coa actividade completamente paralizada. Neste podcast podes volver escoitar á presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Pilar Portela. Con ela falamos da situación do sector nesta crise do coronavirus e das medidas que reivindican para paliar a situación a curto e medio prazo.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (11-07-2017)

Neste festivo local na cidade de Pontevedra comezamos escoitando á rúa sobre a festividade e o San Benito, o santo máis milagreiro. Estreamos nova edición das Terrazas de Verán desde a Cafetería MOI BO co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Percorremos as prais buscando a predicción metereolóxica e ampliamos as nosas bibliotecas con novas recomendacións CRONOPIOS da man de Mercedes Corbillón.