Temas

Delegado de la Xunta de Galicia en Pontevedra

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 22/11/2023

Escomenzamos prestando atención as incidencias do servizo de tren de media distancia e as problemáticas que afectan a usuarios de Pontevedra e Vilagarcia. Ademáis, repasamos todas as novas do día. Conversamos co delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, sobre a actualidade e os proxectos da administración autonómica na zona. Coñecemos as actividades do 25N, día internacional contra a violencia machista, no concello de Marín. E recibimos a visita do cantante Gustavo Almeida e quedamos convidados o seu concerto acústico, desde venres, na sala Tangram, en Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (30-10-2019)

Comezamos o programa coa actualidade do día e entrevistando ao economista Juan Carlos Múñoz para coñecer as novidades fiscais recollidas no proxecto de Orzamentos da Xunta para 2020. Visítanos o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís e, como cada mércores, sometemos ao noso cuestionario persoal aos políticos locais: Pepa Pardo, concelleira e deputada do PP, é hoxe a convidada. Completamos o programa coa visita de Rena Ortega para rematar entre dúas augas.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (06-03-2019)

O inicio do programa trae a actualidade do día, a predicción metereolóxica para as vindeiras horas e a conversa con Juán José Esperón, veciño pontevedrés que atopou 7.000 euros e devolveunos ao seu dono. Ademais, vivimos esta xornada festiva en Pontevedra coa gastronomía do entroido da Devesa e, no tempo da entrevista, convidamos ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Celebramos o Día Europeo da Logopedia con dous profesionais da sanidade pública na provincia. Rematamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (27-12-2017)

A actualidade do día e o balance da pontevedresa Teresa Pedrosa desde o Consorcio Zona Franca centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Visítanos a nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso, para axudarnos a recapitular o aprendido durante o ano e marcar bos obxectivos pensando en 2018

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (29-11-2017)

A seca segue marcando a actualidade e dela falamos no inicio do programa e no tempo da entrevista co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Conectámonos co Campus Universitario de Pontevedra para coñecer as novidades da semana. Visítanos Raquel Pedrouso, a nosa coach de cabeceira, para falar de neuroeducación. Ademais, buscamos asesoramento fiscal cos expertos de "María Cobián e Asociados"

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (11-07-2017)

Neste festivo local na cidade de Pontevedra comezamos escoitando á rúa sobre a festividade e o San Benito, o santo máis milagreiro. Estreamos nova edición das Terrazas de Verán desde a Cafetería MOI BO co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Percorremos as prais buscando a predicción metereolóxica e ampliamos as nosas bibliotecas con novas recomendacións CRONOPIOS da man de Mercedes Corbillón.