Temas

culturgal

Máis de Un Pontevedra

Kalandraka celebra en Culturgal o seu 25 aniversario e regálanos a visita de Bernardo Atxaga

Convidamos ao programa deste xoves á editorial Kalandraka para coñecer a súa programación en Culturgal e algunhas das novidades literarias que atoparemos no seu stand número 39. Ademais, saudamos ao escritor Bernardo Atxaga para falar de “Exteriores do paraíso”, publicado en galego por Kalandraka e que será un dos protagonistas no Espazo Letras o sábado ás 19.00 horas.

Máis de Un Pontevedra

Kalandraka presenta "Azucre" en Culturgal con Bibiana Candia e Xosé Cobas

Visitamos a través da radio o stand de Kalandraka na Feira das Industrias Culturais de Galicia para asinar a novela "Azucre" e celebrar a nova edición en galego coa súa autora, Bibiana Candia. Conversamos con ela e co ilustrador Xosé Cobas, ambos estarán o domingo ás 19:40 no Espazo Libro da Culturgal.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 25/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade deste 25-N, Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, e conversando coa gañadora do II Premio Sesé Mateo, a xornalista Cristina García López. Como cada venres convertemos a radio nun conto con Carmen Quinteiro e o de hoxe é educativo. Ademais, completamos o programa coa axenda cultural que nos leva ata o recinto feiral de Pontevedra para visitar o stand de Kalandraka en Culturgal e saudar a Bibiana Candia e Xosé Cobas: o domingo presentan "Azucre".

Máis de Uno Pontevedra

Kalandraka estará en Culturgal con propostas editoriais para todos os públicos

Facemos un percorrido polas obras que atoparemos no stand da editorial Kalandraka durante esta fin de semana en Culturgal. Visítanos a responsable de comunicación, Paz Castro, para marcar axenda de actividades e saudamos a un dos escritores protagonistas: Juan Tallón. O autor de "Rewind" presentará a nova edición da novela en galego o sábado 26 ás 19:00 h no Espazo Libro da Culturgal.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 24/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando con Paz Castro desde a editorial Kalandraka para coñecer as propostas que a editorial pontevedresa leva a Culturgal. Como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota e, ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar co director de cine e escritor Rodrigo Cortés que visita Galicia para presentar o seu libro "Verbolario".

Máis de Un Pontevedra

Comeza unha nova edición de Culturgal en Pontevedra: 15 anos cos fíos da Cultura

"15 anos cos fíos da Cultura" é o lema escollido por Culturgal para celebrar a súa décimo quinta edición no Pazo da Cultura de Pontevedra dos días 24 ao 27 de novembro. Conversamos coa directora da Feira, Eva Alonso, para coñecer as novidades e a programación dirixida ao público en xeral e aos profesionais que operan na cultura galega.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 23/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando co escritora galega Ángela Banzas que este venres visita Vilagarcía de Arousa coa súa última novela. Abrimos tempo de entrevista coa directora da Culturgar, Eva Alonso e completamos o programa con Iria Figueroa no espazo que dedicamos á orientación emocional.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 28/09/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversamos co portavoz do PP no Concello de Pontevedra, Rafa Domínguez. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista coa presidenta da Deputación, Carmela Silva. Adiantamos a nosa cita semanal con Rodrigo Cota e coñecemos as novidades de Culturgal coa súa nova directora, Eva Alonso.