Temas

cuchipanda

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (28-06-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade máis turística e facendo unha viaxe express ata o Bosque de Colón de Poio. Viaxamos ata Nova York co editor e escritor, Francisco Castro.Volvemos conceder protagonismo ao rural coa fotoxornalista Alba Sotelo que esta semana se fusiona coa "Cuchipanda" de Polo Correo do Vento. Rematamos o programa en Santa Cruz de Oleiros inaugurando o novo "Noa Boutique Hotel"

#Ruralinfluencers

Vivimos unha #RuralCuchipanda con Alba Sotelo e Polo Correo do Vento

Rematamos a temporada fusionando dúas das seccións que máis nos fan viaxar por Galicia: "Rural Influencers" coa fotoxornalista Alba Sotelo, e "Cuchipandas" con Carlos Taboada e Quique Mauricio de "Polo Correo do Vento". O resultado deste experimento podes volver escoitalo neste podcast.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (03-05-2019)

Esta semana subímonos á furgo de Román Pena para percorrer Galicia seguindo as rutas do seu blog "Viaxando en furgo". Repasamos a actualidade máis turística e anotámonos na nova edición da "Epic Race Pontevedra". Como cada primeiro venres do mes, temos cuchipanda cos amigos de Polo Correo do Vento. Rematamos a viaxe en Ribadavia degustando o mellor viño na 56ª Feira do Viño do Ribeiro

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (05-04-2019)

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da UNESCO centra a atención do programa deste venres. Ademais, facemos enoturismo polas adegas do grupo Terras Gauda con Antón Fonseca e organizamos #cuchipanda con Polo Correo do Vento. Rematamos a viaxe na V Feira do Caravaning de Galicia organizada en Fexdega

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (01-03-2019)

Viaxamos en familia con Begoña Estévez desde "Vigopeques", ela é a galega viaxeira que nos visita esta semana. Ademais, organizamos a última cuchipanda de inverno con Carlos Taboada e Quique Mauricio, os amigos de Polo Correo do Vento. Visitamos Navia de Suarna para sumarnos á súa Feira da Androlla e rematamos a viaxe na cidade de Lugo para celebrar os dous soles Repsol que acaba de conseguir o Restaurante España de Héctor López

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (01-02-2019)

A viaxe desta tarde ten como punto de partida Monforte de Lemos para visitar o colexio dos Escolapios, e como destino final San Vicente do Grove para descansar no mellor hotel pet friendly de España: Cons da Garda. Polo camiño estaremos de cuchipanda cos amigos de Polo Correo do Vento, e viaxaremos polo mundo da man de Rodrigo Romaní, fundador da orquestra folk SonDeSeu

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (14-12-2018)

A desta semana foi a penúltima viaxe do ano e percorrimos moitos quilómetros da man dos nosos convidados: en México estivemos coa escritora Arantza Portabales; en Cambados co concelleiro de Enoturismo, Jose Ramón Abal, para participar na primeira edición do Albariño do Inverno; de cuchipanda con Polo Correo do Vento, e nas Illas Canarias coa compañía Binter en voo directo desde Vigo

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (29-06-2018)

Neste venres imos de cuchipanda cos amigos de Polo Correo de Vento, Carlos Taboada e Kique Mauricio; subirémonos a un tren para percorrer a Ribeira Sacra entre viñedos, iremos ata A Guarda para coñecer a cita festiva da Festa da Langosta e no viaxe express escollemos Sanxenxo.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (25-05-2018)

No programa desta semana percorremos "El Camino más dulce", os 1.000 km que separan Córdoba de Santiago a través do proxecto de Victoria Morales. Como cada último venres do mes temos cuchipanda con "Polo Correo do Vento". Ademais, repasamos a actualidade turística da semana e rematamos a viaxe descansando en Sanxenxo, mirando ao mar no Hotel Carlos I Silgar

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (27-04-2018)

Última viaxe de abril que comezamos co repaso pola actualidade máis viaxeira e visitando Arbo para degustar a lamprea. Visítannos os amigos de Polo Correo do Vento, Quique Mauricio e Carlos Taboada, para levarnos de #cuchipanda. Viaxamos ata o interior de Galicia para desfrutar da Foliada de Melide e, coa directora da Guía Repsol, María Ritter, rematamos a viaxe falando de gastronomía galega.