Temas

cantamo en galego

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 15/04/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de luns marcada pola toma de posesión do novo Goberno Galego. Visitamos o Museo de Pontevedra para unha visita guiada á exposición “Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo”, comisariada por Juan de Nieves. Ademais, como cada luns, falamos de motor e completamos o programa cunha nova edición de “Cántamo… en galego!”.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 08/04/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de luns e conversando co alcalde de Vilaboa, César Poza. Buscamos a información metereolóxica e abrimos tempo de entrevista co director da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda, Ricardo Durán. Ademais, como cada luns, falamos de motor e completamos o programa cunha nova edición de “Cántamo… en galego!”.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 25/03/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de luns que inaugura a Semana Santa 2024. Buscamos a información metereolóxica e abrimos tempo de entrevista co director do Hotel Carlos I Silgar en Sanxenxo, un dos concellos turísticos por excelencia en Rías Baixas. Ademais, temos cita con experto para falar de deducións fiscais interesantes e pouco habituais e, como cada luns, completamos o programa cunha nova edición de “Cántamo… en galego!”.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 18/03/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de luns e buscamos a información metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista co director da UNED Pontevedra, Víctor González, e a directora xeral da Fundación Mujeres por África, Teresa Langle. Ademais, como cada luns, falamos de motor e completamos o programa cunha nova edición de “Cántamo… en galego!” e a visita do músico pontevedrés Anxo Araújo.

Cántamo... en galego!

Aprendemos a bailar coas nova cancións de Anxo Araújo

Convidamos ao músico pontevedrés Anxo Araújo para ‘Aprender a bailar’ coas cancións do seu novo disco. Despois de tres sinxelos de adiantoxa xa está nas plataformas dixitais, e tamén en formato CD e vinilo, un álbum de nove temas onde os ritmos bailables, as percusións latinas, os ventos e os sintetizadores marcan a paisaxe sonora. ‘Aprender a bailar’ é un disco que “disipa tormentas” e que convida a celebrar a vida e a vivir o presente.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 11/03/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de luns marcada polo inicio do xuízo contra José Eirín polo asasinato de Jessica Méndez en Barro no ano 2022. Buscamos a información metereolóxica para as vindeiras horas, e, como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de “Cántamo… en galego!” e a visita de Sokram e A.L. Crego para presentarnos o seu visu-Álbum "Cemento Musgo".

Cántamo... en galego!

"Cemento Musgo": a criatura audiovisual de Sokram, A.L. Crego e Coio

Recibimos a visita de "Cemento Musgo" para presentar o seu Visu-Álbum homónimo, o novo proxecto musical do versátil artista Sokram, o produtor parisino Coio e o pioneiro artista do gif art A.L. Crego. Xuntos levan a cabo un profundo exercicio de experimentación a catro niveis: música, letra, voz e imaxe.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 19/02/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de luns marcada polos resultados electorais e as análises dos partidos a nivel local e provincial. Buscamos a información metereolóxica e abrimos tempo de entrevista coa presidenta de Músicas ao Vivo, Sheila Patricia. Ademais, como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e completamos o programa cunha nova edición de “Cántamo… en galego!”.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 05/02/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de luns e conversando co actor pontevedrés Xurxo Cortázar sobre a obra “Iribarne” que esta semana chega a Pontevedra. Buscando a información metereolóxica e, como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de “Cántamo… en galego!”, hoxe en compañía da cantante e productora MJ Pérez.