Temas

Camiños con Arte

Gente Viajera de Galicia

Potencialidades do rural galego.

Lidia de la Fuente nos lleva polo rural de Galicia e falamos da feira "Camiños de Auga" que se celebra o día 22 deste mes.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (09-10-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade turística da semana e facendo unha primeira viaxe express ata a cidade de Pontevedra para coñecer o seu novo KM 0. O guitarrista ourensano nominado aos Grammy Latinos Daniel Minimalia. Recuperamos a voz de Lidia de la Fuente como consultora de turismo desde «Camiños con Arte» e rematamos a viaxe en Ferrol coa súa concelleira de turismo, Maite Deus.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (06-03-2020)

A viaxe desta tarde comeza co presidente do Cluster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, co obxectivo de coñecer a incidencia do coronavirus e as preocupacións do sector ás portas da Semana Santa. Con Lidia de la Fuente seguimos as pegadas de mulleres galegas para percorrer Padrón, Lugo e Ribadeo. Visítanos Javier Arnau e ampliamos cun novo destino o noso mapa do mundo: Riga, capital de Letonia, espera a nosa visita. Completamos o programa buscando o legado xudeo na comunidade en compañia de Manola Porto.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (21-02-2020)

Comezamos a viaxe desta tarde repasando a actualidade a facendo unha primeira parada express no novo Casino de Vigo. Temos nova entrega de "Viajes Arnau" para volver a Asia e visitar Singapur. Por Galicia guiaranos Lidia de la Fuente: o Entroido Ribeirao de Chantada será o punto de partida dunha viaxe pola Ribeira Sacra lucense. O noso destino final será Vilaboa para vivir por todas as parroquias o entroido de Cobres

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (10-01-2020)

Nesta primeira viaxe de 2020 comezamos repasando a actualidade e viaxando ata Canadá, nunha nova entrega de "Viaxes Arnau". Percorreremos Galicia desde a cidade de Lugo con Lidia de la Fuente, ata o barco de Valdeorras para degustar o seu botelo, pasando pola provincia de Pontevedra para apuntarnos á nova edición de "Voando na Rías Baixas".

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (22-11-2019)

A viaxe desta tarde comeza en Vigo para dar a benvida ao Nadal e en Melide para sumarnos á celebración da XXX Semana da Música da Terra de Melide. Unha nova entrega de #ViaxesArnau lévanos ata o Norte de África para visitar Marrakech, Casablanca e Rabat. Convidamos a Lidia de la Fuente desde "Camiños con Arte" para percorrer unha nova ruta polo interior de Galicia: "Ruta do Tambre". E o destino final lévanos ata a provincia de Ourense para descubrir o xeodestino Verín/Viana.