Temas

as mulleres que opinan son perigosas

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 15/03/2024

Repasamos a actualidade de Pontevedra e comarca, con titulares relevantes: a deputación de Pontevedra mantén o convenio de máis de dous millóns de euros para investir en proxectos previstos na capital. Tamén, revisamos o programa da sétima edición do foro 'As mulleres que opinan son perigosas' cunha das súas promotoras, a xornalista Diana López, que se celebra no Teatro Principal. Analizamos coa asociación Boa Vida a situación do traballo informal das mulleres en ocupacións como os coidados e o fogar que afecta a un gran número de inmigrantes. Facemos unha parada en Caldas de Reis onde se desenvolve unha iniciativa de recollida de residuos no marco do programa 'Mares Circulares' de Coca-Coca. Conversamos co escritor Perfecto Souto sobre a súa nova novela titulada Clarisa, centrada no escenario do convento de Santa Clara. E, ademáis, descubrimos o programa da Festa da Ostra gracias a Manu Lorenzo, alcalde de Soutomaior.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 28/02/2024

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando coa xornalista pontevedresa Diana López Varela sobre a nova edición do foro “As mulleres que opinan son perigosas”. Buscamos a información do tempo e abrimos tempo de entrevista co concelleiro de Cultura de Pontevedra, Demetrio Gómez. Ademais, coñecemos á nova presidenta da AECC de Pontevedra, Ana García, e completamos o programa falado de triatlón co deportista e adestrador do Club Triatlón PC Rías Baixas, Pablo Dapena.

Máis de Un Pontevedra

Carmen González e Carolina Sertal gañan os primeiros premios “Mulleres que Opinan”

Os premios “Mulleres que Opinan”, convocados pola Deputación e o Concello de Pontevedra ao abeiro do foro “As Mulleres que Opinan son Perigosas” e que buscan promover o exercicio da opinión xornalística e fomentar o nacemento dunha nova canteira de mulleres opinadoras, xa teñen gañadoras. Carolina Sertal Souto, co artigo “As voces perdidas”, e Carmen González Magdaleno, con “La ventaja de ser mujer”, acadaron estes galardóns nas modalidades de escrita en galego e castelán, dotados con 1.000 euros cada un, nesta súa primeira edición

Máis de Un Pontevedra

"As mulleres que opinan son perigosas" volven ao Teatro Principal de Pontevedra o 17 e 18 de marzo

As organizadoras do foro, Susana Pedreira e Diana López, presentaron este luns o cartel e as novidades da sexta edición do foro que terá a Rosa María Calaf e Mara Torres como cabezas de cartel. Trece novas profesionais do xornalismo e da comunicación sumaranse á rede #MulleresQueOpinan que naceu en 2018 e que se consolida como unha cita de referencia en Galicia e no conxunto do Estado. Ademais, este ano nace o I Premio de Xornalismo de Opinión Mulleres que Opinan con dous premios de 1.000 euros para o mellor artigo en galego e en castelán.

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Montse Fajardo: "A memoria histórica precisa máis investimento público"

Montse Fajardo, forma parte do equipo redactor do programa A Memoria das Mulleres e Belén López, xornalista do Diario de Pontevedra ; son parte das ponente do foro " As Mulleres que Opinan son Perigosas" que comeza hoxe. O título da súa ponencia é "Cultura e memoria na prensa local".

Camino al 8-M

Este viernes 5 de marzo vuelven "Las mujeres que opinan son peligrosas"

Hablamos con la periodista Diana López Varela, una de las organizadoras del foro sobre opinión y periodismo que este 5 y 6 de marzo vuelve a celebrarse desde Pontevedra. Una edición online con la participación de grandes referentes del periodismo actual como Almudena Ariza, Esther Palomera.