Temas

Ana Otero

Entrevista con Ana Otero

Abordamos as perspectivas turísticas con Ana Otero

Acudimos á formadora e asesora turística Ana Otero para abordar hoxe en Más de Uno Ourense o futuro inmediato do turismo en Galicia e Portugal como consecuencia dos efectos da Covid19.

Entrevista con Ana Otero

Cando pase o confinamento, disfrutemos do turismo cercano

Falamos en Más de Uno Ourense coa formadora, guía oficial e post graduada en dirección e planificación turística, Ana Otero. Como será o sector despois do Estado de Alarma. Avanzamos aquí algúns dos cambios que se intúen a curto e medio prazo nun sector no que Galicia e Portugal teñen moito que dicir.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (15-12-2017)

Viaxamos por Galicia facendo paradas en Cambados e Vilagarcía para comer na Fonte do Viño e divertirnos nunha nova edición de Fexturrón. Escoitamos os "Murmullos entre maletas" de Ana Otero, que este venres nos leva ata os mercadiños de Nadal de Alemaña. E, compensamos o frío xermano coa calor de Río de Janeiro: ata Brasil nos leva o cantautor Gustavo Almeida

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (03-11-2017)

Repasamos a actualidade viaxeira da semana e conversamos co música galego nominado aos Grammy Latinos, Daniel Minimalia. Perdémonos con Ana Otero nos seus "Murmullos entre maletas" e marcamos unha axenda cultural, gastronómica e de ocio para desfrutar de Galicia.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (09-06-2017)

A viaxe comeza repasando a actualidade e visitando CAMBADOS: Capital Europea do Viño e tamén da igualdade grazas ás xornadas "A muller no mundo do viño" organizadas pola Deputación de Pontevedra. A entrevista desta semana ten como convidado ao fotógrafo Xurxo Lobato, con el viaxamos por Galicia e polo mundo. Completamos a ruta con Ana Otero e os seus "Murmullos entre maletas"

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (12-05-2017)

Esta semana viaxamos guiados polo primeiro mapa de Galicia elaborado por Domingo Fontán: o escritor Marcos Calveiro, autor da novela «Fontán» é o convidado no tempo da entrevista. A viaxe express lévanos a Vila de Cruces e, con Ana Otero, organizamos o mes de maio grazas aos seus «Murmullos entre maletas». Na axenda visitamos o Museo de Pontevedra para facer unha «visita cruzada» con Xosé Leal, deputado provincial de cultura.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (03-03-2017)

Estreamos mes de marzo con novas propostas viaxeiras a cargo de Ana Otero desde o blog "Murmullos entre maletas": Baiona, Pontevedra, os últimos coletazos do entroido e Sintra nos esperan! No tempo da entrevista viaxamos polo mundo guiados polo gaiteiro Óscar Ibáñez e o seu disco "Alén do mar". Ademais, como cada venres, repasamos os principais temas de actualidade do sector e organizamos unha viaxe express que nesta ocasión nos leva a descubrir as novidades da Rúta do Viño Rías Baixas

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (03-02-2017)

A actualidade da semana e unha pequena viaxe pola Pontevedra de Castelao abren o programa deste venres na que estreamos guía: Ana Otero estará con nós cada inicio de mes para coñecer os hábitos turísticos e os destinos máis recomendables. Este venres os hábitos de febreiro con "Xantar", o Cocido e o Entroido son os protagonistas, ademais de visitar Colonia en Alemania. No tempo da entrevista viaxamos polo mundo guiados por Xurxo Fernandes do grupo RADIO COS. E para descansar escollemos o Mosteiro de Aciveiro en Forcarei