Temas

Alberto Varela

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 21/11/2023

Iniciamos o programa prestando a máxima atención as incidencias do servizo de tren de media distancia que une as cidades de Pontevedra/ Vigo/ A Coruña. Repasamos a actualidade centrada no xuizo de Vilagarcia, protagonizado pola demanda de Laureano Oubiña a productora da serie Fariña. Coñecemos a previsión do tempo para as próximas horas. E no habitual almorzo informativo semanal conversamos con Alberto Varela, alcalde de Vilagarcia e presidente da Fegamp. E, como cada martes, disfrutamos dos novos títulos que chegan a librería Cronopios, esceario onde o sábado tivo lugar a presentación do libro titulado 'Los Inocentes', da escritora Maria Oruña; compartimos parte da conversa que Susana Pedreira, xornalista de Onda Cero, mantivo con esta autora de referencia nacional.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 10/10/2023

Obrigado repaso os últimos temas que marcan a actualidade en Pontevedra e comarca: coñecemos as últimas reividicacións dos traballadores de Ence e de Ambulancias Civeira que presta servizos no área sanitaria Pontevedra Salnés. Damos unha ollada a nova económica do día, a predicción meteorolóxica e consultamos o menú do día no restaurante Virgen del Camino. No almorzo informativo no Hotel Rías Bajas conversamos con Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, e presidente e portavoz municipal do PP en Pontevedra. Tamen damos unha volta por Vilagarcia para coñecer todos os detalles do Festival de Curtas. Falamos co alcalde Alberto Varela. E, como cada martes, descubrimos novos títulos chegados a librería Cronopios.

Alberto Varela en ONDA CERO GALICIA

O presidente da FEGAMP reclama unha reunión urxente co resto de Administracións para abordar os problemas de abastecemento de auga

A pesares da choiva dos últimos días, os encoros galegos perden auga unha semana máis. Estamos de media no 48'73 por cento de capacidade, segundo os datos de Transición Ecolóxica. No programa Galicia en la Onda de Onda Cero o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, pedía unha reunión urxente de todas as administracións implicadas na xestión da auga xa que «é necesario ver como facer a análise da rede e como financiar as obras». Recoñece que hai concellos que non poden afrontar eles sós a mellora das súas redes de suministro e abastecemento.

CON SUSANA PEDREIRA

Más de Uno Pontevedra 12/04/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co portavoz municipal do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez. Buscamos a información metereolóxica para as vindeiras horas e, como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe o noso convidado é o alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela. Ademais, o noso espazo Cronopios recibe a visita da escritora Berta Dávila para presentar a súa novela "Os seres queridos".