Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

Gente Viajera de Galicia

Audios dos programas

Trucos Viaxeiros-Leticia Pérez

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (20-04-2018)

A actualidade da semana e a feira Alimentaria abren o programa deste venres. Viaxamos polo mundo cos trucos viaxeiros de Leticia Pérez e visitamos a Illa de San Simón para coñecer o proxecto "la isla interior". Rematamos a viaxe descansando en Cariño, onde atopamos un dos mellores hoteis de España para os diarios británicos "The Sunday Times" e "The Guardian": Hotel A Miranda

Volta Montana

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (13-04-2018)

Comezamos o programa falando de viños viaxeiros e visitando Compostela para inscribirnos nas inscribirn nas Xornadas "Cafés patrimonio cultural". Convidamos ao escritor Pedro Feijoo para percorrer a cidade de Vigo co seu novo libro como guía: "Camiñar o Vigo Vello. Un paseo pola historia da cidade". Nesta viaxe acompáñannos os amigos de Volta Montana, Cristina Collazo e Pablo Conde, dous #GaliciaLovers que nos descubren os lugares máis auténticos. O destino final será a Ribeira Sacra para sumarnos a unha nova edición das súas visita en globo

Guadi Galego

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (06-04-2018)

Comezamos repasando a actualidade da semana e buscando un primeiro destino express que nos leva ata a provincia de Ourense, primeira parada no Val do Medo de Maceda. No tempo da entrevista viaxamos trazando novos mapas coa música de Guadi Galego. Visitamos a cidade de Pontevedra dunha forma moi orixinal: participando no rastrexo "Ponte a fuxir" que organizan mestres e alumnos do IES Sánchez Cantón. Rematamos a viaxe na cidade de Vigo para vivir a Reconquista

Polo correo do Vento

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (23-03-2018)

Repasamos a actualidade máis viaxeira da semana e recibimos a visita de Carlos Taboada e Quique Mauricio, os mozos de Polo Correo do Vento, que cada fin de mes nos levan de #cuchipanda por Galicia. Polo mundo andaremos guiados por Rubén López, o galego viaxeiro que convidamos á entrevista para percorrer os países dos que fala no seu blog "Caminante del Planeta". Visitamos Meis como destino express e rematamos a viaxe na Feira do Viño de Amandi de Sober

"Volta Montana" y "Galicia Lovers"

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (16-03-2018)

Comezamos repasando a actualidade da semana e surfeando na Lanzada coa escola Waipia do Grove. Estreamos sección #GaliciaLovers con Cristina Collazo e Pablo Conde desde "Volta Montana". E Santiago de Compostela é un dos destinos protagonistas da tarde con moitas propostas culturais e gastronómicas porque nos visita Rebeca Munín, directora da revista Pincha.

Viaxeiro autor dos blogs www.alvientooo.com e maisgrelos.blogspot.com.es.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (09-03-2018)

Comezamos repasando a actualidade turística da semana e visitando Mourente, no Concello de Pontevedra, destino express desta semana, para degustar o seu caldo na festa popular desta fin de semana. Visitamos a cidade de Lugo para coñecer a ruta deseñada desde Camiños con Arte: "Mulleres na Historia de Lugo". No tempo da entrevista visítanos Alberto Ribas, galego viaxeiro autor dos blogs www.alvientooo.com e maisgrelos.blogspot.com.es. Remataremos en Padrón para desgustar á "raiña do Ulla" nunha nova edición das xornadas gastronómicas da lamprea

Ixi Ávila

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia

Fin de semana de citas imprescindibles en Galicia: a Arribada en Baiona e a Festa do Queixo en Arzúa, visitamos ambos concellos durante o programa. No tempo da entrevista viaxamos polo mundo cunha galega viaxeira, Ixi Ávila é coach de intelixencia emocional.

Polo Correo do Vento

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (23-02-2018)

A Fonsagrada é un dos primeiros destinos deste venres para homenaxear ao gran Forges, unha viaxe que nos levará tamén ata o Pazo Quinteiro da Cruz en Ribadumia, alí activamos os cinco sentidos para sentir a camelia. Na entrevista visítanos unha óptica e audioprotesista galega, Tanía Rorís, que nos leva de viaxe ata a cidade de Dakhla no Sahara Occidental. Ademais, como cada último venres do mes temos cuchipanda con Polo Correo do Vento

Onda Cero Galicia